miércoles, 3 de julio de 2013

Entre fíos, O Tempo da Mocidade


A partir deste blog queremos incitar aos Xóvenes a que participen no proceso creativo, pois vivimos un momento rico en novas ideas no mundo da moda, que saen de aquilo ao que nos acostumbrou a industria tradicional e a industria moderna.

 A traves da elaboración dun proxecto que leva por título
Entre fíos, O Tempo da Mocidade pretendemos potenciar, fomentar a capacidade creativa  e sobre todo crear un soporte para que os mozos e mozas participantes que desexen  emprender camiño no sector da moda, coa confección e modelaxe dos seus deseños o poidan facer. Queremos sela plataforma dun primeiro paso;  o fomento do  talento, dunha idea, da ilusión e posta en marcha do que pode chegar a selo seu primeiro negocio ou empresa. Con este proxecto pretendemos dende o Grupo Informal DEDALXOVEN XXI     crear un proxecto ambicioso, integral para a mocidade que pretenda empreder camiño no mundo da moda, creando os seus propios eiseños para logo dun  proceso nada fácil, poder chegar a comercializalos e incluso poder abrilo seu propio negocio. Atenderemos principalmente e fomentaremos con esta iniciativa  o espírito emprendedor naqueles mozos e mozas, pero nun sector concreto como é a confección e deseño de complementos. Para a execución deste proxecto poñeremos a disposición dos participantes todo o necesario, tanto os instrumentos tecnolóxicos; taller de costura, como os soportes  necesarios para a difusión das súas creacións. O desenvolvemento da capacidade emprendedora, será  principal obxectivo a cumprir dende o  Grupo Informal DEDALXOVEN XXI..

Nos vindeiros dias daremos a coñecer o contido do proxecto, animandote a que se tes ideas e queres emprender camiño no mundo da modA  e no Deseño Artesanal, participes!!!!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario